Venres. 19.04.2024
El tiempo

O centro cultural de Muros prepárase para un intenso mes de decembro

O centro cultural de Muros prepárase para un intenso mes de decembro
menu-da-fala-vimianzo O auditorio do centro cultural de Muros acolle durante o vindeiro mes de decembro un total de sete espectáculos de cine e teatro. A programación comeza o día 3, ás 21:30 horas, co espectáculo "Menú da Fala" da man de Carlos Blanco e Luís Dávila. A entrada é de balda ao estar incluido dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Os convites poderánse retirar nas oficinas do centro cultural de Muros a partir deste luns ás 8:30 horas (que serán o 50% do total do aforo), na billeteira unha hora antes do espectáculo (o 20% do aforo) e o 30% do aforo restante estará reservado para compromisos da compañía, da Deputación da Coruña e do concello. Cada persoas poderá retirar dúas entradas. A programación regresa o día 10, tamén ás 21:30 horas, coa obra "Os vellos non deben namorarse" de Fantoche Baj. Os máis pequenos terán o seu propio espectáculo o día 17, da man de Títeres Alakrán que interpretará "Os soños na gaiola". A función comeza ás 18 horas. Xa o día 22 a compañía A Illa dos nen@s traerá a súa actuacion "Maxia de Nadal" que comeza ás 19 horas. Os días 27 e 28 de decembro haberá cadansúa sesión de cine, ás 18 horas, coas películas "Noche de Paz?" e "O bosque animado". A programación remata o día 30 co espectáculo "Noiteboa" de Redrum Teatro. Entradas Para asistir a calquera destes espectáculos, haberá un servizo de venda anticipada de entradas dende o luns anterior ao espectáculo que estará situado nas oficina do centro cultural de Muros. O 20% das entradas resérvase para a súa venda na billeteira unha hora antes do espectáculo. Ademais destas actividades culturais, o concello de Muros organiza en colaboración cos centros de ensino un mercadiño solidario que terá lugar o 16 de decembro.   Fonte

Comentarios