Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Cole de Esteiro viviu unha semana de inmersión na cultural contemporánea

O Cole de Esteiro viviu unha semana de inmersión na cultural contemporánea

Menuda Semana Cultural pola idade Contemporánea que pasaron os alum@s do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro. Este vídeo así o demostra, deixando claro que todo saíu de marabilla gracias á implicación de toda a comunidade escolar: familias, alumnado, profesorado e persoal non docente.

Unha Semana que se enmarca dentro dun proxecto anual que parte da Biblioteca escolar, que se encarga de dinamizar e de buscar fondos bibliográficos que apoien o desenvolvemento do mesmo. Pero despois son as diferentes aulas as que seleccionan un tema relacionado para traballar ao longo do curso e expoñen o aprendido nos corredores do centro con paneis ou murais que axudan a ambientar.

Este ano os temas traballados foron a arte contemporánea, a revolución industrial, a conquista do espazo, os inventos, o cómic e os medios de comunicación. Impresionante foi o traballo de ambientación do cole, fundamental para mergullarse dentro da historia, e por momentos podías estar no medio da lúa, dentro dun cómic, ou nun estudio de radio. Nesta labor de ambientación colaboran as familias confeccionando maquetas e desta vez contribuiron aportando, tamén, medios audiovisuais e tecnoloxicos antigos para expoñer no centro: tocadiscos, magnetófonos, radios, discmans, walkmans, teléfonos, televisores,... 

Semana Cultural no CEIP Ricardo Tobio de Esteiro-Muros Semana Cultural no CEIP Ricardo Tobio de Esteiro-Muros

Durante todo o curso se realizaron actividades relacionadas coa idade contemporánea, pero esta semana foi especial. O alumnado participou en obradoiros de pintura grazas a colaboración de Montse París, artista muradá. Tamén realizaron obradoiros de radio a cargo da mestra de inglés. Laura Abel Asorey.

O pasado venres foi o dia con máis actividades. O profesorado preparou obradoiros rotativos de cómic, xogos olímpicos, charlestón e photocall. Tamén se visitou de xeito guiado o museo dos nenos e nenas de infantil, a exposicion sobre o espazo, inventos, medios de comunicación e medios tecnolóxicos e audiovisuais antigos.

Que mellor peche que cun guateque con música dos anos 60 e petiscos aportados polas familias, que tamén estiveron convidadas a visitar o centro e a exposición.

Arte contemporanea no Cole de Esteiro Arte contemporanea no Cole de Esteiro Semana da radio no Cole de Esteiro Semana da radio no Cole de Esteiro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios