Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Colexio de Esteiro sumérxese na Arte Contemporánea

O Colexio de Esteiro sumérxese na Arte Contemporánea
Arte contemporanea no Cole de Esteiro Arte contemporanea no Cole de Esteiro Museo de Arte Contemporanea no Cole de Esteiro Museo de Arte Contemporanea no Cole de Esteiro

Completa semana de actividades a que afronta o Colexio Ricardo Tobío de Esteiro. Tras varios anos paseando pola historia, este curso chegaron á Idade Contemporánea.

Todas as aulas traballaron sobre algún aspecto desta época: revolución industrial, conquista do espazo, a evolución dos medios de comunicación, os inventos, a literatura, a arte... O colexio ambientouse para a ocasión. O alumnado de infantil preparou o seu propio museo, en primaria argallaron unha zona con temática espacial.

Esta semana continúa esa viaxe pola historia con obradoiros de pintura, de radio, de baile, xogos, cómic,... E incluso photocall.

O venres será o día con máis actividades e o alumnado irá disfrazado acorde a ocasión con vestuario que fará alusión a diferentes modas do século XX: Anos 20, anos 50, estilo hippy, punky,... Perfecto escenario para pechar a semana cun guateque no que colaborarán as familias.

O Cole de Esteiro viaxa ao espazoO Cole de Esteiro viaxa ao espazo O Cole de Esteiro viaxa ao espazo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios