Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O peche do cole de Outes pon en alerta á comunidade educativa costeira

O peche do cole de Outes pon en alerta á comunidade educativa costeira
Concentracion no CEIP Rcardo Tobio de Esteiro contra o peche do Cole de Outes Concentracion no CEIP Rcardo Tobio de Esteiro contra o peche do Cole de Outes

A Xefatura Territorial da Xunta vén de decretar, por sorpresa no penúltimo día de cole, o peche do CEIP Emilio Navasqués do veciño concello da Serra de Outes, así como os CPI Monte Caxado das Pontes e do CPI da Ribeira do Porriño. Esta mañá, os familiares e nenos do centro acodían para substituír o festivo peche de fin de curso por unha manifestación en proposta por esta decisión.

Onte celebrábase un ateigado pleno no Concello con claras acusación ao goberno local do PP por non defender aos veciños.

Unha decisión que pon en alerta a toda comunidade educativa pois a eterna ameaza deste goberno do PP de desestruturar o ensino no rural parece que se fai realidade.

As manifestacións fanse tamén visibles noutras partes da bisbarra. De feito, no concello de Muros, familiares e mestres do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro concentrábanse en solidariedade á loita das familias do Navasqués, e na defensa dunha escola publica e en contra dos recortes no rural.

Fonte

Comentarios