Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP de Muros critica o caos municipal en materia laboral

O PP de Muros critica o caos municipal en materia laboral
Pincha na imaxe para ver o pleno completo no youtube Pincha na imaxe para ver o pleno completo no youtube Dura crítica a que realiza hoxe o PP muradán ante o que entende como situación de “descontrol” por parte de CxG en materia laboral. Segundo o PP o grupo de goberno leva máis dun ano traballando na elaboración dun documento (o das categorías profesionais do persoal laboral temporal) que xa existía pero que CxG descoñecía, a pesar de ter sido aprobado por unanimidade en 2015 nun pleno no que estaba a actual alcaldesa María Xosé Alfonso. Así llo transmitiu onte no pleno municipal a voceira do PP Inés Monteagudo, a pesar de que a alcaldesa retiurara o punto da orde do día na comisión celebrada o luns. Ante a pregunta no curso do pleno, que a alcaldesa respondeu que non sabía da existencia desta plantilla de persoal. Vai máis alá Monteagudo nas súas críticas: “O grave deste asunto non é tanto que alegue ignorancia, cando foi durante catro anos concelleira de persoal e actualmente é a xefa de persoal, senón que a sua ineptitude está a causar un perxuízo grave aos traballadores do concello. Négase a recoñecer e pagar os trienios porque dí que non hai categorías profesionais, o que non é certo, e como só se pode reclamar a antiguidade dun ano para atrás, tódolos traballadores que poderían estar cobrando a antiguidade, levan un ano perdido, mentras o goberno local lles marea a perdiz e anda dando paus de cego”. Lembra ademais o PP que “a alcadesa fixo unha reordenación do persoal de limpeza que acabou nos xulgados, dándolle a razón aos traballadores. En fin, que a xestión de persoal non é o seu, aínda que sexa ela a xefa de persoal”. Aquí poden ver o pleno completo no youtube do Concello de Muros, onde como saben os plenos son emitidos en directo.

Fonte

  • PP de Muros.

Comentarios