Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Ramón Artaza celebra a Semana do Libro cun concurso literario

O Ramón Artaza celebra a Semana do Libro cun concurso literario
Dia do Libro coa Biblioteca ao patio O Ramón Artaza sacou os libros ao patio

Primeira vez que o centro muradán CEIP Ramón Artaza de Muros, pero seguro que vai ser todo o éxito. Para celebrar o Día Mundial do Libro, (o pasado 23 de abril), e aproveitando o bo tempo, sacaron biblioteca ao patio. Con anterioridade, os maiores encargáronse de escoller e preparar as lecturas para  lerllas ese día aos máis pequenos/as que, emocionados, atendían ás historias que lles contaban os "grandes" nos recantos máis fresquiños do patio. Moitas desas lecturas foron dos protagonistas deste día, pois conmemora o día do pasamento de tres escritores ilustres como foron: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Armaron ademais un completo programa para o que está sendo A Semana do Libro, con lecturas compartidas, visitas á biblioteca ou elaboración de marcapáxinas serán algunas das actividades que se levarán a cabo.

Pero a máis novidosa, é a convocatoria do I Concurso de Relatos Curtos “Manuel Fabeiro Gómez” co obxectivo de fomentar o valor da expresión escrita entre a comunidade educativa. Trátase de relatos moi curtos onde se escriba sobre algún tema relacionado coa nosa escola ou ben sexa o colexio o marco da historia. Consultando as bases pódense comprobar as distintas categorías e premios, así como o formato de cada traballo. Dende o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queren animar aos familiares do alumnado a participaren na categoría de adultos deste concurso servindo como modelo e exemplo para transmitirlle aos cativos/as o gusto pola escrita que se pretende fomentar neste concurso.

Poden ver as Bases do concurso enwww.edu.xunta.gal/centros/cepramonartaza/biblioteca.

Novas relacionadas

Comentarios