Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O «Shiitake» chega a Muros

O «Shiitake» chega a Muros
shiitae miceltia muros

Grazas ao esforzo emprendedor de dous irmáns, Manola e Juno Martínez Lago, poderemos consumir unha seta de orixe asiática na nosa bisbarra.

Todo comezou cando estes muradáns decidiron crear Miceltia, unha empresa familiar localizada nun entorno rural de Muros, no lugar de Badernado, onde se elabora e comercializa o substrato produtor deste fungo utilizando restos forestais.

O shiitake é considerado unha das mellores setas gastronómicas e medicinais. De feito, ademais do delicioso sabor e múltiples aplicacións gastronómicas, posúe beneficiosas propiedades para o sistema inmunolóxico e a saúde en xeral, como contaron estes dous muradáns, nunha xornada divulgativa da súa iniciativa empresarial, presentada o pasado fin de semana nos Apartamentos Rurais Abelleira.

Presentacion de Miceltia en Muros-Foto-Montse Paris Presentacion de Miceltia en Muros-Foto-Montse Paris

O shiitake tamén é coñecido como «elixir da vida», porque nos países onde se consume tradicionalmente (Xapón, China, Corea, etc.) emprégase como medicina natural. Pero é que ademais de ser moi valorado polas propiedades nutricionais, tamén destaca como unha das máis prezadas setas gastronómicas, moi utilizada en revoltos, arroces, pratos de pasta, saltado con verduras ou algas, en empanada, á prancha, etc. Pratos nos que se interesaron diferentes hostaleiros da localidade.

Fonte

Artigo de Domingo Guerra, para QPC.

Comentarios