Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os escolares do CEIP de Artaza de Muros levaron ao pleno as melloras das instalacións do seu centro

Os escolares do CEIP de Artaza de Muros levaron ao pleno as melloras das instalacións do seu centro
pleno-escolar-muros Estudantes de 5º de primaria celebraron onte o 1º Pleno Escolar do CEIP de Artaza de Muros Os alumnos e alumnas de 5º de primeira do CEIP de Artaza de Muros viviron onte unha nova experiencia no salón de plenos do concello once celebraron o 1º Pleno Escolar do seu centro educativo. Xa nos días anteriores, traballaron sobre o tema nas aulas formando partidos, constituíndo listas e elaborando programas electorais. Unha vez obtidos os resultados electorais houbo pactos de goberno que lle deron a alcaldía á segunda forza máis votada. Desta maneira, lúdica e participativa os rapaces de 5º comprenderon o significado da democracia representativa. Na primeira parte do pleno escolar, a corporación, formada polos concelleiros/as e alcaldesa do colexio, en presencia da verdadeira alcaldesa Mª Xosé Alfonso que actuou de secretaria municipal, debateron a proposta de alcaldía que consistía nas reformas e necesidades do centro educativo, entre as que estaban o pavimento da pista de baloncesto ou unha marquesiña para a entrada do cole. Logo de un intenso debate chegouse a acordo e, aprobouse por unanimidade a proposta do equipo de goberno con alguna modificación de dita proposta. Xa no segundo punto da orde do día, o de rogos e preguntas, todos os rapaces/as se referiron á alcaldesa Mª Xosé Alfonso, trasladándolle numerosas peticións como arranxos de parques ou unha pista de atletismo. A xornada rematou cunha visita guiada pola alcaldesa na que percorreron as diferentes dependencias do concello. Fonte

Comentarios