Venres. 05.06.2020
El tiempo

O picudo vermello cébase cas palmeiras de Muros

Palmeiras de Muros afectadas polo Picudo vermello- Fotos: Juan Santiago
Palmeiras de Muros afectadas polo Picudo vermello- Fotos: Juan Santiago
O picudo vermello cébase cas palmeiras de Muros

Rhynchophorus ferrugineus. Ese é o nome oficial do “picudo vermello”, unha especie de escaravello, orixinario da Asia tropical, que está arrasando coa poboación de palmeiras da comarca de Muros e Ribeira.

O escaravello vermello chegou á penínsual no 1995, pero non entrara na zona con tanta potencia como agora. As prantas afectadas pola praga, murchan e poden acabar morrendo pois a larva fura galerías nos seus talos.

O control de pragas é complicado, e si que hai algún método, pero o procedemento é costoso no sentido que se fai por encharmento, dende a copa, polo que é necesario contratar un elevador en varias quendas. De aí que moitos estean optando por cortalas.

comentarios