Luns. 22.07.2019
El tiempo

Preocupa en Muros o aparcamento no Porto para os días de festa

Preocupa en Muros o aparcamento no Porto para os días de festa

As obras do porto deportivo de Muros deixan á vila sen prazas de aparcamento para as festas de San Pedro e da Virxe do Carme. Ao parecer, o proxecto da Xunta, que prantexaba o remate das obras antes do verán, contempla tamén a construción dun aparcamento soterrado.

Estas obras teñen chegado ao Parlamento a través dos deputados do BNG, que preguntaron polos trámites necesarios e polas datas de finalización do mesmo.

Igualmente, a nivel local, o grupo de concelleiros nacionalistas de Muros instaron ao goberno da socialista Caridad González, a que faga as xestións oportunas para conseguir que se permita a cesión da zona do porto para os aparcoiros durantes estes días de festa.

Novas relacionadas

Comentarios