Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Que lendas agochan o Monte Louro a lagoa das Xalfas?

Que lendas agochan o Monte Louro a lagoa das Xalfas?
Monte e Lagoa de Louro- Foto-Turgalicia O Monte Louro escolta a lagoa das Xalfas- Foto-Turgalicia Volvemos para rematar o verán cos amigos do Portal das Palabras para coñecer unha nova historia que reside debaixo do rico patrimonio natural costeiro. E imos ata Muros, para subirnos ao curuto do Monte Louro, no chamado límite entre as Rías Baixas e a Costa da Morte.  Un lugar dende onde se poden ter vistas espectaculares, mesmo dos vestixios da construción defensiva contra os ataques piratas e da capela que houbo séculos atrás. As lendas non esquecen o monte lourán que susurran que hai un pozo sen fin coñecido como Profundo, que agocha ademais un tesouro gardao por un boi que se oe bruar nas noites en que fai tempora... Ao seu abrigo atópase a praia de Louro, Area Maior, unha das máis famosas (e con razóns de sobra) da nosa contorna. Pero hoxe queremos centrarnos na lagoa de Xarfas, que xunto ao areal forma forma un enclave que conta coas declaracións de Punto de Interese Xeolóxico e Lugar de Interese Comunitario.

Un nome colorido

A palabra "louro" pode referirse, segundo o Portal das Palabras" a aquilo que presenta unha cor dourada ou tamén á da castaña madura. A orixe está no ton escuro, probablemente relacionado coa denominación latina do loureiro, laurus -i, que ten as follas dun verde menos claro ca outras plantas e deixou descendentes en distintas linguas romances, utilizados para os animais de cores escuras". En todo caso, "a etimoloxía de louro non é segura. Cabeza Quiles propón que deriva dunha raíz indoeuropea *lar ou *lor, que significaría inicialmente ‘pedra’ e logo, máis concretamente, ‘pedra loura’, que daría louro aplicado a calquera cousa escura. Textos do séc. XIX así o abalan.

De lendas

"Cóntase que na lagoa de Xarfas hai unha vila anegada desde que un día de temporal o mar avantou as dunas e asolagou o lugar cos seus moradores. Tamén contan que na noite de san Xoán, emerxen das augas as badaladas das campás e os berros das persoas e animais que pereceron. Máis aló da vertente mitolóxica, a flora e a fauna do lugar ofrecen grande interese!.  

Máis novas loureás

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios