Venres. 18.06.2021
El tiempo

O Sin Querer Dos naufragou pola “falta de estabilidade provocada polo exceso de peso das artes de pesca”

Sin querer II un dia antes do seu naufraxio mortal en 2018
O Sin Querer Dos naufragou pola “falta de estabilidade provocada polo exceso de peso das artes de pesca”

Dous naufraxios mortais conmocionaban a toda Galicia o 19 de decembro de 2018. O barco do cerco de Portonovo “Sin Querer II” naufragaba nos Baixos Meixidos cobrándose tres vidas, unhas horas antes do dramático accidente do Silvosa intentando saír do porto de Malpica no que falecía o seu patrón.

Se ben aínda esperamos o necesario informe sobre o accidente do Silvosa (coa problemática arredor da seguridade no peirao moi viva) a Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim) vén de emitir un informe sobre o accidente do Sin Querer Dos no que considera a hipótese para o envorco súbito a “falta de estabilidade do buque por exceso de peso das artes de pesca”.

O informe sinala que o barco levaba 3 artes, cando a reforma realizada no mesmo un ano antes só consideraba que puidese transportar 2, sumando un peso total, despois das medicións durante as investigacións, de 20 toneladas, cando o peso máximo autorizado para as artes era de 7,5. Ademais, ese exceso de pesca situábase na cuberta, provocando efectos adversos na estabilidade do buque.

O Informe, se ben recoñece que as consideracións metereolóxicas eran adversas, considera que a “sobrecarga”, “o exceso de confianza na estabilidade do barco”, e “a falta de conciencia de seguridade do patrón” foron factores influíntes no accidente.

Novas relacionadas

comentarios