Martes. 20.08.2019
El tiempo

Rastro Solidario de Anajata: "Agora mércanse mascotas coma se fosen playmobil ou tabletas"

Rastro Solidario de Anajata: "Agora mércanse mascotas coma se fosen playmobil ou tabletas"

“Nin usar, nin tirar”. Así resúmese a finalidade do rastro solidario que organiza a Asociación Animalista Anajata que se ía realizar o pasado sábado 9 de xuño, pero que se retrasaba, polo mal tempo, ata o venres 15 de xuño. “Estamos metidos na sociedade do usar e tirar”, asegura Fabiana Villar, presidenta da asociación, “dándolles un segundo uso aos produtos evitamos residuos innecesarios que estragan o hábitat no que vivimos tanto humanos coma animais”. Tamén nos lembran que “o problema do abandono animal é que se mercan mascotas coma se fosen playmobil ou tabletas, coa diferencia de que unha tableta pódela levar de vacacións e, de non levala, non sofre cando a deixas tirada nunha esquina dun patio sen comida nin bebida”. Por iso a entidade une o respecto animal ao do medio natural, unha cultura debe compartirse en familia: “Poñeremos á disposición dos máis pequenos inchables e actividades que promovan a adopción animal e a educación no respecto medioambiental”. Dende as 10 da mañá e ata as 20:00 da tarde todos aqueles que pasen pola praza do concello de Muros poderán comprar un pequeno recordo e colaborar así para que o respecto polos animais sexa unha realidade cada vez máis próxima. Dende as 17:00 ata as 20:00h será cando poderán gozar dos inchables, con merenda incluída.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/anajata-unese-a-loita-contra-o-campionato-de-espana-de-caza-do-raposo/

Comentarios