Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Santi Caamaño sobre a nova Lei Garzón: “Non era sen tempo e faltan moitas cousas, pero todo o avance é positivo”

Santiago Caamaño e ludopatarehabilitado
Santiago Caamaño e @LudopataR
Santi Caamaño sobre a nova Lei Garzón: “Non era sen tempo e faltan moitas cousas, pero todo o avance é positivo”

Este 1 de setembro entraba en vigor a nova Lei Garzón, que lexisla a publicidade no xogo. E queríamos saber que opina Santi Caamaño, o muradán que saía do armario en 2018 recoñecendo a súa ludopatía, e que dende esa é un claro activista na rede baixo o twitter de @LudopataR (rehabilitado). Gracias a el, que nos amosou a problemática moi de preto, levamos anos desestimando a publicidade das casas de xogo, e agora non poderá ninguén aproveitarse desta enfermidade.

“Non era sen tempo, porque dende que o prometeron canta xente caeu no camiño”, apunta, “pero todo o avance é positivo”. Recoñece que “sabe a pouco porque hai moitos “peros”, pero tamén hai que dicir que é o primeiro paso, que é a primeira vez que se lexisla neste aspecto”.

En calquera caso, lamenta que Garzón non diga alto e claro cales foron as presións que lle impediron facer a lei que prometera, de aí que sexa consciente de que “queda moito por facer”.

E fai referencia a un asunto moi importante. “Hai un problema grave: o mundo do xogo online está lexislado de forma estatal e o xogo presencial por normativas autonómicas, cando son o mesmo, das mesmas empresas que viven dos ludópatas e dor seus cartos”, denuncia.

E vai máis alá: “segue sen facerse controis de accesos nos salóns de xogo, onde seguen entrando menores, e onde as multas son unha risa”.

En calquera caso, Caamaño valora positivamente o paso dado dende a administración central.

Xogo limpo

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios