Sábado. 20.04.2024
El tiempo

SEA abre novas ofertas de aluguer con opción a compra no parque empresarial de Muros

Beatriz Sestayo Ines Monteagudo e Caridad Gonzalez en Muros
Beatriz Sestayo, con Inés Monteagudo e Caridad González ás portas do Concello
SEA abre novas ofertas de aluguer con opción a compra no parque empresarial de Muros

Son 13 os parques empresariais de Galicia que dependen de Suelo Empresarial do Atlántico (SEA). Entree eles, varios costeiros, como os de Cee, Vimianzo, ademais do de Muros. Polos dous primeiros xa pasara a xerende da entidade, Beatriz Sestayo, hai unhas semanas. Desta volta realizou unha visita ao muradán acompañada de técnicos da entidade, coa alcaldesa da localidade, Inés Monteagudo, a concelleira de Facenda, María do Carmen González García e a portavoz do PSOE, Caridade González.

A visita serve para dar a coñecer a nova oferta de SEA, un total de 20 parcelas do parque empresarial en réxime de dereito de superficie con opción de compra.
Desta forma, os interesados poderían utilizar a parcela abonando cantidades reducidas durante os primeiros 5 anos, nunha fórmula próxima a un aluguer. A partir deste período, poderían optar a compralas ou seguilas utilizando do mesmo xeito durante un total de 30 anos.

As parcelas ofertadas neste réxime teñen superficies desde os 660 metros cadrados e un custo, en función do tamaño, que arrinca nos 792 euros anuais durante o primeiro e segundo ano, unha cifra que se incrementaría levemente nas seguintes anualidades. As cifras abonadas neste período se descontarían parcialmente do custo total da parcela, no caso de que se ejercite a opción de compra.

A alcaldesa, que agradeceu a visita porque é un tema importante para o novo goberno, tamén trasladou algunha problemática como a mellora dos accesos viarios á localidade de Muros, asunto que deberán tratar tamén ca Xunta.

Limpeza

Antes da chegada da xerente, nas últimas semanas, a empresa Construcións Castadón S.L relizara os traballos de limpeza e roce, por un importe de 4.605,92 euros máis IVA.

Novas relacionadas

Comentarios