Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Sonophobia, a nova banda interxeracional xestada na Sala Nasmo

sonophobia-muros
Sonophobia, a nova banda interxeracional xestada na Sala Nasmo

A Sala Nasmo, a prolífica sala de ensaio do Concello de Muros, presenta nova banda. Sonophobia é un novo grupo formado por músicos de varias xeracións que crean este son influenciado no rock estatal dos anos 80 con moita garra.

Unha demostración de que a Nasmo traballa para toda a xente do mundo da música de Muros, rescatando auténticos históricos da vila que levaban tempo sen tocar e volven con moitas gañas.

Por exemplo Xota, o baixista, profesor da escola de música moderna de Muros, un gran educador e motivador, e un tremendo impulsor de moitas das bandas que se crearon nos últimos anos.

Ou Beni, o guitarrista, mítico dos Miúdos, banda de Louro que publicou o seu único disco aló polo 1998, que é unha auténtica institución no mundo musical. “Un luxo que Beni saque a careta e deixe ver a institución que é para moitos de nós, que eu sempre digo que é maxia pura”, explica Juan.

Marcos, o cantante, é outro clásico da vila, empezou en formacións máis metaleiras, e agora fai este rock con toques oitenteros.

Elías o batería, dende pequeno en bandas como Calleira ou Colisión Frontal (con Alberto e Alfonso que forman Maestro ou Capital Voskov)… que agora se une a Sonophobia.

O primeiro tema que presentan é “Ríe”, todo feito (produción, gravación, mistura e masterización) por Juan Figueiras na mesma Nasmo, a raíz dos esqueletos de temas que traía Marcos.
Mentres, toca adaptarse aos novos tempos, mergullándoze nas novas formas de difusión, e pensando na maqueta de 3-4 temas que van publicar en breve.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios