Xoves. 25.04.2024
El tiempo

SORUM volve entregar os seus premios a muradáns ilustres

SORUM volve entregar os seus premios a muradáns ilustres
Algúns membros de SORUM, no Photocall do ano pasado, xunto a Víctor Fábregas

Xa estivemos o ano pasado coñecendo muradáns ilustres premiados pola Asociación SORUM. Este 2012, a entidade para a promoción da Vila de Muros, continúa este ano coa celebración da Gala de Entrega dos seus propios galardóns.

A gala será presentada de novo polo prestixioso actor de Esteiro Víctor Fábregas, e terá lugar este sábado 6 de outubro de 2012 ás 20:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Muros.

Outorgaranse catro distincións a outras tantas persoas, grupos de persoas ou entidades que, ao xuízo da asociación, destacaran de maneira relevante nos seguintes aspectos: na promoción de Muros (Premio SORUM 2012 á promoción da Vila de Muros); na cultura (Premio SORUM 2012, á labor cultural,); no fomento do deporte (Premio SORUM ao deporte, 2012). E, por último, tamén se concederá o Premio SORUM 2012 á persoa fortemente vinculada con Muros que sobresaíra pola súa traxectoria institucional, académica, empresarial, etcétera.

E evidentemente, coma se dos Óscars se tratase, o nome dos premiados farase público durante o transcurso da Gala de entrega dos galardóns. Uns galardóns que foron deseñados e elaborados por Nacho Porto, seguindo o seu propio criterio artístico, pero baixo as directrices da Asociación.

O que si sabemos son as persoas elixidas este ano para facer entrega dos premios son as seguintes:

  • Domingo Guerra, Presidente da Asociación SORUM, que entregará o Premio SORUM 2012 á promoción de Muros.
  • O Premio SORUM á labor cultural, 2012 será entregado por Carme Cancela, profesora do colexio de Louro e exdirectora do mesmo.
  • O Premio SORUM ao deporte, 2012 entregarao María Dolores Brea, Licenciada en INEF, e encargada, monitora e socorrista da piscina municipal de Muros.
  • O Premio SORUM 2012 será outorgado polo Doctor Jaime Dopico, Director do Centro de Saúde de Muros, á persoa galardoada.

Nos momentos previos ao comezo do acto, o grupo de gaitas Faltriqueira de Muros, acompañará aos asistentes interpretando algunha das súas composicións.

Na gala intervirá, ademais do monologuista Santiago Caamaño (Champi de Muros), a cantante Manuela Alsina e, tamén, amenizarán a recollida de premios os cantantes e músicos Fernando Docampo e Juanma Varela acompañados de instrumentos de corta, vento e piano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación SORUM.

Comentarios