Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un ático sofre un incendio provocando grandes danos materiais en Muros

Un ático sofre un incendio provocando grandes danos materiais en Muros
Incendio dun atico no edifico Montelouro en Muros-Foto-GesIncendio dun atico no edifico Montelouro en Muros-Foto-Ges Incendio dun atico no edifico Montelouro en Muros-Foto-Ges Este mediodía Muro sobresaltouse por unha forte fumareda. Un piso, o ático do edifico Montelouro (de catro andares), sufría un incendio pasadas as 15:00h. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o incendio foi provocado polo propietario, que amoreou varias pertenzas nunha habitación e nun cuarto de baño e prendeulles lume. Ata o lugar achegáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, o 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil e os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Muros. Tamén se informou do ocorrido aos Bombeiros de Cee. Dous membros do GES tiveron que ser atendidos no punto, pero descartouse o seu trasladado. De feito, os dous efectivos continuaron coas tarefas de desescombrado. Finalmente o lume quedou controlado. O propietario resultou ileso. Fonte
  • Axega.

Comentarios