Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un ferido tras unha saída de vía en Riomarior

Un ferido tras unha saída de vía en Riomarior

Unha persoa resultou ferida despois de saírse da vía cando circulaba pola estrada da Silvosa, en Riomaior, ao paso da localidade de Muros. Un alertante foi quen, ao fío das 00:00 horas, desta media noite, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Solicitaba asistencia sanitaria para o condutor do turismo que resultara ferido ao tentar baixar do vehículo accidentado.

Así, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112, decontado, pasouse aviso ao persoal do 061 Urxencias-Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico. Os efectivos do GES de Muros tamén foron alertados polos profesionais do 112 Galicia. O ferido foi evacuado polo persoal sanitario ao Centro de Saúde da localidade.

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios