Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un novo festival benéfico para a Adisbismur

Un novo festival benéfico para a Adisbismur

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) celebra o festival benéfico para recadar fondos para a propia entidade. A cita será este venres, 16 de decembro, ás 18:00h na Casa da Cultura de Muros.

A entidade, que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) prantexa un festival de música para todos os públicos para o que o prezo de entrada por persoa é de 5 euros, que inclúe tanto o poder ver o espectáculo como o participar no sorteo dunha cesta de Nadal. Os menores de 6 anos poden entrar de balde.

Non vai faltar a música, teatro e baile, grazas á colaboración desinteresada dos alumnos e alumnas da escola de música de Muros e Carnota que interpretarán tanto pezas de rock, pop, como panxoliñas.

Programa do concerto benéfico ADISBISMUR

  • Benvida por parte Presidente de ADISBISMUR, Ramón Sestayo.
  • Os usuarios do centro de Valadares interpretan a obra de teatro O PEPE.
  • Esmu MUROS. Mónica Martínez Alfonso, interpreta a guitarra española o Estudio de Carulli.
  • Esmu CARNOTA. Tocarán os gaiteiros adultos e tamén as pandereteiras da Solaina con 3 pezas Pasodobre de Sobrado dos Monxes, Muiñeira do Chao e Xota.
  • Os usuarios do centro Valadares bailarán a ritmo de merengue.
  • Esmu MUROS. A pianista Tamara Castro Figueiras, deleitará aos presentes coa MAZURKA Op. 68 nº3 de Chopin.
  • Esmu CARNOTA. María interpretará co saxofón Adeste Fideles.
  • Esmu MUROS. O grupo de rock Pintura plástica tocará dous temas de Nirvana e un de Guns and Roses. Son Come as you are, Smells like teen spirit e Sweet child o mine.
  • Proxección dun vídeo realizado polos profesionais do centro de recursos Valadares no que relatan as actividades que se levan a cabo durante o ano.
  • Esmu CARNOTA vai interpretar música Pop onde se van interpretar as cancións dos Beatles Yesterday e Hey Jude.
  • Proxección dunha curtametraxe realizado polos usuarios de centro e que foi o gañador estatal nun concurso de curtas en Alacante, festival ao que puideron asistir os autores do filme grazas ás doazóns persoas anónimas e a propia asociación.
  • A Coral Polifónica da Escola de Música de Carnota cántalle ao Nadal co Gloria al Señor de Haendel e La Virgen sueña caminos.
  • O coro infantil e a orquestra Orff da Esmu De Carnota interpretará Miguel, Miguel, No Nadal e Paz na terra coa colaboración de varias nais dos alumnos.
  • Para finalizar, haberá unha actuación sorpresa a cargo dos profesionais do centro Valadares.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da COGAMI.

Comentarios