Xoves. 24.10.2019
El tiempo

Un verán de piscina e terraza para os maiores do Centro de Día de Muros

Un verán de piscina e terraza para os maiores do Centro de Día de Muros
Usuarias mercando e paseando pola feira en Muros Usuarias mercando e paseando pola feira en Muros Menudo verán que teñen pasado os maiores do centro de día de Muros, pertencente á rede de centros de maiores da Xunta de Galicia. A chegada do bo tempo permítelles aos usuarios disfrutar do verán ao aire libre, saíndo un día á semana a tomar algo, ir á praza, á praia e dar uns paseos, ou mesmo ir á piscina. Por exemplo, os venres fan saída á feira de Muros, onde os usuarios do centro paran a tomar algo nunha cafetería e aproveitan para facer as súas compras polos postos, pasean, comproban e mercan lotería,... como calquera outro veciño. Varias profesionais do centro, fan o acompañamento nas saídas, para apoiar no que sexa preciso. Un venres ao mes, si o tempo o permite, tocar ir á praia de San Francisco, Louro, onde se realizan paseos pola area e auga, ademais de tomar algo tamén no Caldeirón. Xerocultora e 2 usuarias na praia de San Francisco A Xerocultora e 2 usuarias do Centro de Día de Muros na praia de San Francisco

Á Piscina

Usuarios e traballadoras na Piscina Municipal de Muros Usuarios e traballadoras na Piscina Municipal de Muros Este verán fíxose unha actividade novidosa: ir á piscina municipal cos algúns dos usuarios interesados, que disfrutaron dunha inesquecible experiencia. Unha actividade para manterse activos, algo fundamental para ter unha boa saúde. Puideron acudir 3 usuarios, ao vaso pequeno, onde hai cadeira adaptada de descenso, chorro cervical, e zona para sentarse; un deles, fixo uso tamén da piscina de natación, pola súa conta. Dende o centro lembran a importancia da actividade física na terceira idade. Co envellecemento, as persoas maiores adoitan facerse máis sedentarias, e coa natación favorécese o exercicio, con múltiples vantaxes, non só a nivel físico senón tamén emocional e lúdico. A auga é un dos mellores espazos para practicar a actividade física, sendo unha novidade e, en moitos casos, unha nova experiencia para as persoas de idade avanzada. É un medio eficaz para aumentar a aptitude física e a mellora das articulacións, músculos e osos. Agora o Centro fai balance pero parece evidente, polas caras das protagonistas, que este programa continuará en vindeiras temporadas, en función da dispoñibilidade dos usuarios (prezos, roupa adaptada ao medio, ...) e da organización do centro (persoal, transporte,…). Usuarias do Centro de Dia de Muros en O Carrilo Esteiro Usuarias do Centro de Dia de Muros tomando algo na terraza de O Carrilo Esteiro

Comentarios