Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha homenaxe á Banda de Calleira

Unha homenaxe á Banda de Calleira
Banda de Cornetas e Tambores Don Diego de Muros Banda de Cornetas e Tambores Don Diego de Muros

Antigos compoñentes da Banda de Cornetas e Tambores Don Diego de Muros, volverán a revivir experiencias de moitos anos atrás, cando dirixidos por D. Ramón Santiago Fernández (coñecido popularmente en Muros como “Calleira”), desfilaban ao son da inconfundible marcha ordinaria.

A iniciativa xurdiu dos actuais dirixentes da banda, que acordaron facer un chamamento a todos os que, algunha vez, estiveron vinculados a esta agrupación, coa finalidade de tributar unha merecida homenaxe póstuma ao seu primeiro director.

Na homenaxe, algúns veteranos acompañarán aos actuais integrantes da formación o vindeiro domingo, día 13 de agosto, ás 21 horas, na carpa da Comisión de Festas de San Roque, interpretando conxuntamente diversas pezas do antigo repertorio e, entre outros actos, farase entrega dunha distinción conmemorativa á viúva do director.

Fonte

  • Redacción de QPC. Fotos cedidas pola organización da homenaxe para QPC.

Comentarios