Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha merecida homenaxe ao eterno Gerente das Carrilanas de Esteiro

Unha merecida homenaxe ao eterno Gerente das Carrilanas de Esteiro
Homenaxe ao Gerente das Carrilanas Esteiro 2017 Ramiro García Núñez, o “Gerente”. Un nome que vale en si mesmo unha homenaxe. Son máis de 30 anos facendo historia cas Carrilanas en Esteiro, e a vila muradá quere agradecerllo. É a alma desa baixada de Carrilanas dende todos os prismas, comezando pola creación artesanal de singulares bólidos, unha práctica que serviu de exemplo para que ducias de mozos da vila sigan gozando da afección de crear. As exposicións dos seus vehículos son unha das grandes atraccións da festa estival. Por todo iso, a organización do Gran Prix de Carrilanas de Esteiro (Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2000), e o Concello de Muros arman unha festa para o vindeiro 27 de maio que comezará co descubrimento dunha placa conmemorativa na meta do circuito das carrilanas, que seguerá cun concerto e cun xantar popular. A piques de cumplir 87 anos de idade, Gerente acumula 29 participacións de 29 posibles no Gran Prix de Carrilanas de Esteiro, e acadará as 30 neste ano 2017. Deste xeito, convertirase no único piloto que acumule as 30 participacións. O Gerente comeza a súa vinculación coas carrilanas no ano 1988, construíndo “A Capota”, a primeira carrilana que fabricou para este evento. A día de hoxe, Gerente posúe 12 carrilanas de fabricación propia e estreará no 30 aniversario o 15 e 16 de Xullo, a que será a súa nova creación, acumulando deste xeito, un total de 13 carrilanas totalmente artesanais. Estas carrilanas, permanecen durante todo o ano expostas na Casa das Carrilanas de Esteiro, local inaugurado no ano 2012, que el mesmo cedeu para uso da asociación. Ademáis, no Museo Pedagóxico de Galicia, atópase exposta a carrilana “A Chasca”, que foi doada polo artesán. Así, falar de Gerente, é falar do artesán por excelencia das carrilanas. Xa o ano pasado a parroquia vimiancesa de Trasouteiro homenaxeou ao Gerente, e este ano tócalle aos seus veciños. As carrilanas do Gerente as destacadas da exposicion esteira As carrilanas do Gerente sempre son as máis as destacadas da exposición esteirá  

BIOGRAFÍA RAMIRO GARCÍA NÚÑEZ “GERENTE”

  • Nace o 10 de Maio de 1930.
  • 5 irmáns, 3 homes contando con el e 2 mulleres.
  • Aos 11 anos de idade, comeza a traballar en Cabanas (Tal), fabricando caixas de madeira para as fábricas de Salazón co seu pai. O seu primeiro oficio, aínda que recorda percibir soldo algún. Ademáis, traballa co seu pai, reparando os tellados das casas. Deste xeito coñeceu a súa dona cando esta iba ao seu traballo, viuna dende un Tellado no que estaba a traballar.
  • Casou no ano 1956 con Maruja e tiveron dous fillos Lito e Pepa e dous netos, Luís e Laura, aos cales adicou cadansúa carrilana.
  • No ano 1963 embarca na mariña mercante. Non lle gusta a navegación e desembarca en Holanda. Alí non pode traballar ao carecer de título e emigra aos Estados Unidos aproveitando que alí ten un cuñado. É alí donde prosegue o seu traballo de Ebanista.
  • Retorna a Esteiro no ano 1966
  • Monta en Esteiro unha moblería no local que hoxe é A Casa das Carrilanas. Ademais traballa no seu taller na casa en Reboredo, Esteiro, donde tiña moitos aprendices.
  • Estivo na política como concelleiro en Muros nos últimos anos do franquismo, dende o 1971 ao 1976.
  • Foi presidente de Esteirana no ano 1975 e 1976, en sustitución de Pedro de Rosalía. -Xubilouse no 1995.
  • A día de hoxe, colabora activamente coa ADC Esteirana de Carrilanas.
  O Gerente foi reconecido en Trasouteiro O Gerente nunha das súas baixadas  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios