Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha Semana Cultural para saír da rutina dos libros texto

Unha Semana Cultural para saír da rutina dos libros texto
Ciencia na Semana CUltural do IES Fontexeria de Muros Unah sesión práctica de Ciencia na Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros

Fantástica a XXIX Semana Cultural que viviron os IES Fontexeria. Despois dunha primeira metade de semana cargada de teatro, os últimos días foron de ciencia, danza e emprendemento. Un xeito de saír da rutina dos libros de texto e aprender dun xeito moito máis dinámico.

O mércores tocaba aprender en clave de ciencia, cunha exibición de experimentos científicos nos que participa todo o alunado do centro e a que tamén está convidado o CEIP Ramón de Artaza.

O xoves houbo tamén unha xornada de emprendimento a cargo do programa Eduemprende do IGAPE, con dúas palestras dentro do programa A Ponte da USC (Música e Cerebro con Manuel Arias Gómez e Planificación Ambiental das Paisaxes Rurais con Emilio Díaz Varela), unha xornada de convivencia en colaboración co Concello de Muros (Berrando Solucións), unha sesión de arte efémera "Esculturas de 1 minuto" mais outra musical baixo o título "A bateria: unha historia”.

A poesía Aldaolado en Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros

O venres finalizou a XXIX edición da Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros, cun obradoiro e exibición de Capoeira, a cargo de Deivid Araújo e as actuacións de Aldaolado e do Mago Teto. A Semana finalizou coa entrega de prémios dos concursos de Debuxo e de Affiches, a interpretación de varias pezas musicais en francés e a clausura oficial.

Capoeira na Semana CUltural do IES Fontexeria de Muros Capoeira na Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios