Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha Semana de Letras de teatro e música en Muros

Unha Semana de Letras de teatro e música en Muros
Paco Nogueiras trae o seu musical Radio Bule Bule a Muros Paco Nogueiras trae o seu musical Radio Bule Bule a Muros Completa semana das Letras galegas no Centro cultural de Muros, onde se representrán sete espectáculos de primeiro nivel. 6 son obras de teatro, para poñer fin á XIIMostra de Teatro Xosé Agrelo, e aguinda correrá a cargo de Paco Nogueiras, que trae o seu musical “Radio Bule bule”. Luns 14 de maio, 19:00 h. OBRADOIRO DE TEATRO RAMÓN DE ARTAZA “Xa non teño medo” Baseado na obra “Eu conto, ti cantas” de María Victoria Moreno e ALUMNADO DE 3º DO CEIP RICARDO TOBÍO DE ESTEIRO “O Espantallo” Baseado na obra de Xosé Agrelo. Martes 15 de maio, 21:30 h. TEATRO SOLIDARIO AS INSUAS: “CHORIMAS” Dirección: Xosé Taxes Freire Unha visión crítica sobre as normas dunha sociedade machista, baseada en textos de Raúl Gómez Pato, Emilio Álvarez Blázquez, Hernando Cortés, Alejandro Licona, Juan Torralba e Afonso García Penas Mércores 16 de maio, 19:00 h. OBRADOIRO DE TEATRO MUROS “Gulliver en Lilliput” Director: Lucho Penabade Elenco: Sara Álvarez Candamo, Diego Bernal Caamaño, María Breijo Búa, Julia Cambeiro Fernández, Manuel Esperante Rodríguez, Alejandra Formoso Recarey, Fidel González Fernández, Nerea Izquierdo Lestón, Ainhoa Mouriño Fernándes, Carlota Parente Barreiros, Marta Ramos Sestayo, Manuel Sánchez Lojo, Fabio Senande Santiago, Adai Tajes Búa,. Xoves 17 de maio, 18:00 h. PACO NOGUEIRAS “Radio Bule-bule” Chega a Muros a radio falangueira que nos vai facer pensar, “Radio BULEBULE”, que é o novo traballo de Paco Nogueiras. O medio radiofónico inspira as doce cancións deste novo libro-disco. Os temas disponse a xeito de grella de programación dunha peculiar emisora na que non fallan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades, ciencia, natureza, música, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica… Fiel á frescura do seu estilo e á súa conexión co público infantil, coida as letras e as melodías, que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, convidando á participación. Este espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios. Xoves 17 de maio, 21:30 h. AQUELANDO TEATRO DE MUROS “Lisístrata”. Director: Lucho Penabade. Elenco: Lola Barreiros Lestón, Pepa Caamaño García, Lita Cantariño Cubelo, Minga Fernández Caamaño, Bernardino Fernández Lloréns, Dora Formoso Figueiras, Concha Martínez Mayo, Maruja Mayo Priegue, Cintia Pedrosa París, Sabela Pérez González, Lola Rey Castiñeiras, Paz Rey Castiñeiras, Mariña Rey Martínez, Gabriel Sestayo Lago. Nesta ocasión adaptaron a famosa comedia grega de Aristófanes. Venres 18 de maio 21:30 h. O QUE FALTABA TEATRO, DA A.VV. O FERROLLO DE TRASDACOSTA “Aurora” Unha nova estrea, a segunda, deste grupo local. Sábado 19 de maio, 21:30 h. AQUELANDO TEATRO DE MUROS “Lisístrata”. Esta función pechará a XII Mostra de teatro Xosé Agrelo https://quepasanacosta.gal/a-xii-mostra-de-teatro-xose-agrelo-trae-a-muros-dez-obras-durante-maio

Comentarios