Martes. 14.07.2020
El tiempo

Volve o teatro, con normas, a Muros

Os peixes mutantes da Carabela de Galateatro pasarán por Muros
Os peixes mutantes da Carabela de Galateatro pasarán por Muros
Volve o teatro, con normas, a Muros

Museos, Bibliotecas… Parece que a “desescalada” comeza a facerse erealidade no sector cultural, porque esta fin de semana tamén volve o teatro. Un dos concellos que máis apostan pola programación continua, como é o de Muros reabre o Auditorio Centro Cultural para celebrar este venres 5 de xuño (ás 18:00h), o Día do Medio Ambiente.

Será a compañía Galeatro que traia o espectáculo “Carabela”, a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Unha obra ideal para familias co medio ambiente e o lixo mariño como fío condutor.

Normas a seguir

auditorio-covid19-fase2

A volta ao Centro Cultural será con numerosas restricións. Existen unha normas especiais por atoparnos na fase 2 de desescalada da pandemia provocada polo Covid-19:

As entradas nesta ocasión serán de balde e con reserva previa obrigada, que se pode facer directamente nas oficinas do Centro cultural, no teléfono 981762294, ou no e-correo [email protected]

O número de espectadores non pode superar as 50 persoas e adxudicaranse por orde de reserva.

Novas relacionadas

comentarios