Martes. 17.09.2019
El tiempo

Ximiela estreará, fóra da casa, o seu novo gran espectáculo: "Raigame"

Ximiela estreará, fóra da casa, o seu novo gran espectáculo: "Raigame"
Ximiela de Louro Familia da Agrupación Ximiela de Louro Raigame espectaculo de Ximiela Novo espectáculo presenta este vindeiro 26 de xaneiro a Agrupación Folclórica Ximiela de Louro. Despois de 2 anos de intenso traballo, e tralo éxito de “A Ruta do Sal”, a entidade muradá visitará a Estreada coa súa nova produción: “Raigame”. Un espectáculo sobre a emigración que tanto marcou ao noso país durante os últimos séculos. Pablo Seoane, o director artístico, cóntanos máis cousas desta Agrupación nada en 1998 no sei da ANPA do colexio público de Louro, e do espectáculo. Unha familia que a día de hoxe conta con 100 membros, que participan nos grupos de gaita, pandeireta e baile, na banda de gaitas, ou na escola de adultos. Seoane quere lembrar éxitos o disco gravado en 2006, o libro sobre o traxe galego editado 2008, ou aquela gran produción da man da “Gala 25 aniversario” 2013; as participacións no Festival de Ortigueira nos anos 2014 e 2018, o Desfile da Hispanidade na 5a Avenida de Nueva York 2014, o San Patricio en Nova York 2016 ou o Festival Intercéltico de Lorient, o maior festival de música celta do mundo no ano 2017.

Raigame

Raigame nace como espectáculo para convertirse “nunha forma distinta de ofrecerlle o público as nosas tradicións, as nosas músicas e os nosos bailes, dentro dun formato que se sae da estética dun simple festival folclórico”. Así, a través dunha temática familiar en Galicia crearon unha historia, un guión, engandindo as actuacións tradicional que conforman o espectáculo. Levan 2 anos de complicados ensaios, primeiro de forma individualizada, e chegando a pasar 5 horas sobre o escenario, porque encaixar 70 persoas non é doado. https://youtu.be/0tTiUzPOYwU

Estrea fóra da casa

Foilles imposible facer a estrea en Muros, pois o Concello denegoulles a Fábrica de sel, o único espazo que pode acoller un espectáculo así. “Ante o desinterese mostrado por parte do Concello buscamos outras opcións como naves do polígono, pavillóns dos institutos e colexios ... pero todo sen sorte. O único que non nos puxo ningún tipo de problema e que nos facilitou o camiño foi o IES As Insuas pero por motivos de acústica non o podemos utilizar. Tanto o IES Fontexería que dispón dun pavillón independente do centro, como o Colexio Ramón de Artaza e Malvarez (o que lle solicitamos o ximnasio para facer uns ensaios xerais) nos denegaron os espazos”, explica Pablo Seoane. Así que tocaralles estrear o vindeiro 26 de xaneiro na Estrada, e despois o 23 de marzo a Rianxo e o 7 de Abril no Auditorio Abanca de Santiago. E o calendario está aberto.

Novas relacionadas

Comentarios