Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xurxo Souto trae a Carballo o seu Pangalaica

Pangalaica en Carballo
Xurxo Souto trae a Carballo o seu Pangalaica
O domingo día 18 de abril terá lugar, na sede da nosa asociación, a presentación do último libro de Xurxo Souto, Pangalaica. Estará acompañado por Lupe Blanco (regueifa) e Richi Casás (saxo), man a man, a reivindicaren, a través do esplendor das melodías, a marabilla do "torgho", o vello xeito de cantar da baixa de Bergantiños. A apertura de portas será ás 11:30, pero o acto comezará media hora despois, ás 12. Prégase máxima puntualidade, para podermos cumprir co protocolo sanitario. Entrada libre ata completar aforo.

Comentarios