Sábado. 20.04.2024
El tiempo

235 familias muxiás solicitaron as bolsas de axuda para material escolar

Reunion coas familias de Muxía
Reunion coas familias que o Concello mantiña en xullo
235 familias muxiás solicitaron as bolsas de axuda para material escolar
Reunion coas familias

En xullo o Concello de Muxía abría o prazo de petición de axudas para materal escolar. En agosto comezaba unha serie de reunións coas ANPAS e centros de ensino. Hoxe anuncia as 235 peticións que recibiu para as bolsas de axuda para material escolar. Unhas axudas no Plan de Reactivación Económico- Social, que suporán unha axuda de 100 euros por persoa matriculada nos centros públicos de Muxía, así como de bacharelato na Comunidade Autónoma que estan empadroados no concello.

O Concello de Muxía fará pública proximamente unha listaxe provisional coas persoas ás que lle foi concedida a solicitude. Ademais abrirá unha segunda quenda de prazo de solicitude, que se fan de forma telemática a través da sede electrónica, accedendo desde a web www.concellomuxia.com ou desde sede.muxia.es.

Proxecto medioambiental

Paralelamente, o Concello anuncia o comezo dos traballos para a elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES). Un compromiso de reducir as emisións de CO2 no seu territorio nun 40%.

Os primeiros pasos consistirán na elaboración dun Inventario de emisións de referencia de CO2.

Proxección

O Concello de Muxía acollerá mañá xoves a proxección de 'María Solinha' ao aire libre na praza Cabo da Vila. O autor Ignacio Vilar presentará a película ás 21:30 na Praza do Cabo da Vila.

Novas relacionadas

Comentarios