Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Barca de Muxía acolle un encontro de pintura ao aire libre

A Barca de Muxía acolle un encontro de pintura ao aire libre

Última hora: Actividade suspendida por motivos alleos ao Concello de Muxía.

"Xeoparque Costa da Morte. Xeoloxía e Arte: A punta da Barca" é o nome da actividade de pintura ao aire libre que organiza o concello de Muxía xunto coa asociación para a Xestión do Xeoparque da Costa da Morte e que terá lugar o vindeiro 14 de outubro. O obxectivo desta cita - que se enmcarca dentro do programa "Outono Cultural" - é poñer en valor e dar a coñecer a enorme riqueza xeolóxica do contorno da Barca e facelo dun xeito lúdico e artístico. Da coordinación dos participantes encargaranse Antón Castro e Viki Rivadulla. As persoas interesadas en participar na xornada deberán presentarse o día 14 de outubro ás 10 horas diante do Santuario da Barca, onde os recibirán a organización do evento cunha breve explicación sobre o lugar no que se vai desenvolver a actividade; un lugar cheo de historia, lendas e beleza natural. O obxecto das obras será todo este contorno do santuario pétreo, o verdadeiro santuario da antigüidade. Os materiais corren a cargo de cada participante e a técnica das obras é libre. Coas obras realizadas farase unha exposición en Muxía. Os interesados en recibir máis información poden contactar co departamento de Cultura do concello de Muxía no número de teléfono 981 74 20 01. Novas relacionadas Fonte

Comentarios