Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Biblioteca de Muxía énchese de mundos

A Biblioteca de Muxía énchese de mundos
Actividades na Biblioteca de Muxia

Este venres toca Conferencia sobre o humanismo na vila da Barca, a través da Fundación Plácico Castro. Pero as actividades non serán só para maiores, senón que os pequenos tamén terán a súa atención, con varias actividades na Biblioteca.

Unha Biblioteca de Muxía que comeza co seu programa de actividades para os vindeiros meses, artellado pola Concellería de Cultura, co compromiso de dinamizar o espazo da Biblioteca Municipal. De feito, para elo estase levando a cabo unha reordenación do espazo, catalogación dixital de fondos e organización de actividades.

A primeira actividade ”CONTOS DO MUNDO:CONTOS DE VENEZUELA” terá lugar este venres, 23 de xaneiro ás 17:30 horas , con Mariluz Varela. Este programa traerá ata a Biblioteca persoas inmigrantes que residen no municipio muxián ou no contorno, para contar un conto do seu país e falar das costumes do mesmo. Preténdese con este programa de Contos do Mundo colaborar coa integración das persoas inmigrantes , facilitar o contacto dos nenos e nenas con outras culturas, e ao tempo, atraer ao público á biblioteca e a lectura.

A semana que vén comezará a “Semana da Ilustración", para conmemorar o aniversario do nacemento de Castelao. Na biblioteca instalaráse unha mostra de ilustracións de Castelao a partir do martes 27 de xaneiro, e o xoves, 29 de xaneiro terá lugar o obradoiro “DEBUXANDO CON CASTELAO”, para nenas e nenos de primaria e para o que é necesario inscribirse previamente na biblioteca municipal, xa que as prazas son limitadas) (tf. 981 74 25 63).

O horario da Biblioteca Municipal é de martes a venres de 15:30 a 20:00 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios