Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte non para de Xantar

A Costa da Morte non para de Xantar

Seguen as propostas gastronómicas costeira buscando unha D.O. I é que non hai recuncho da Costa da Morte que non teña un sabor especial. Hoxe coñecemos dúas novas propostas: unha dende Muxía, que repite Ruta de Pinchos, e outra dende a Deputación coa presentación dunha caseta para o Salón Galego de Gastronomía onde a Costa da Morte estará ben representada.

A Costa da Morte no XANTAR

A Deputación da Coruña estreará o seu novo stand institucional na 13ª edición de Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo que acolle a cidade de Ourense. O salón abrirá as portas mañá e rematará o próximo 5 de febreiro.

A Costa da Morte formará parte do stand da Deputación e estará presente as Rías altas (dividida nos subdestinos Ferrolterra e A Coruña-As Mariñas), Rías Baixas (cos subdestinos Ría de Muros-Noia e Ría de Arousa) e Terras de Santiago.

Ruta dos pinchos de Entroido en Muxía

E Muxía xa non falta á súa cita coa Ruta dos PInchos. Así, o Concello de Muxía ten aberto o prazo de inscrición para os establecementos que queiran participar na Ruta –degustación de pinchos de Entroido. Os establecementos que queiran participar teñen para anotarse ata hoxe mesmo, mécores 1 de febreiro.

A ruta dos pinchos de entroido farase os días 18 , 19, 25 e 26 de febreiro, co mesmo funcionamento que en anos anteriores. Será unha ruta de degustación, non un concurso e as persoas que participen percorrendo os bares da ruta poderán optar a unha cesta de produtos de entroido (cachola, chourizos, grelos, etc…) que sorteará o Concello de Muxía.

Máis novas gastronómicas

Fonte

Comentarios