Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Galería de Mulleres de Muxía homenaxea á escritora viguesa Ledicia Costas

A Galería de Mulleres de Muxía homenaxea á escritora viguesa Ledicia Costas
Ledicia Costas acaba de gañar o premio nacional de literatura infantil e xuvenil con "Escarlatina, a cociñeira defunta" Acaba de gañar o premio nacional de literatura infantil e xuvenil con "Escarlatina, a cociñeira defunta" Este mes de outubro, a Galería de Mulleres do departamento de Cultura do concello de Muxía homenaxea a Ledicia Costas, nada en Vigo no 1979. Na actualidade, esta poeta e narradora en lingua galega, forma parte da directiva da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), e segundo di ela mesma “son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón”. Ao longo da súa traxectoria recibiu xa unha boa cantidade de premios entre os que destacan o premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e 2012, por "O corazón de Xúpiter"; o accésit no premio Miguel González Garcés do 2012, por "Satén", o premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2012, por "O corazón de Xúpiter", o premio Martín Sarmiento para 1º e 2º de ESO no 2013, por "Mortos de ningures", xunto a Pere Tobaruela, o premio Merlín de Literatura Infantil con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), e no 2015 vén de gañar, coa mesma obra o premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España , galardón que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra dun autor/a do estado español, escrita en calquera das linguas oficiais. O xurado destacou que se trata dunha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa doada lectura, polo seu humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte. Fonte

Comentarios