Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A grave crise económica do Concello de Muxía impide levar a cabo varias obras nas parroquias

A grave crise económica do Concello de Muxía impide levar a cabo varias obras nas parroquias
Sandra Vilela voceira do PP de MUxia-Foto-Rafa Quintans Sandra Vilela, voceira do PP, pide explicacións ao alcalde-Foto-Rafa Quintáns

Un informe da dirección xeral de Política Financieira e Tesouro vén de declarar indispoñible un millón de euros para levar a cabo diversas obras por non cumplir o plan económico do ano pasado. Unha situación que obriga á oposición, nesta caso, á voceira do PP Sandra Vilela, a denunciar o “limbo financeiro” que sofre o concello e que “padecerán os veciños”.

Mentres non se soluciona a situación, e o Concello segue sen cumprir o plan financieiro aprobado este ano, os veciños de Vilachán non poderán ver arranxados os seus camiños interiores, nin os de Fumiñeo e Sinagoga verán a estrada que usan todos os días acondicionadas. Ademais, as obras de acondicionamento da contorna da Barca seguirán esperando.

Vilela recordou que “levamos moito tempo advertindo da delicada situación financeira do municipio, e lembran que a súa formación abstívose en cada unha das votacións nas que se aprobaba unha modificación de crédito”. Ademais, recordou que todos os concellos están suxeitos ás mesmas leis á hora de controlar as súas finanzas, criticando que o alcalde, Félix Porto, se escude nunha “norma supostamente inxusta”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/

Comentarios