Venres. 19.04.2024
El tiempo

A pintura abstracta de Berta A. Cáccamo chega á Galería Mulleres de Muxía

A pintura abstracta de Berta A. Cáccamo chega á Galería Mulleres de Muxía
Galería Mulleres da Biblioteca de municipal de Muxía destaca este mes de xullo o traballo de Berta A. Cáccamo; unha pintora viguesa que faleceu recementemente aos 55 anos e que é un dos referentes da pintura abstracta en Galicia. Licenciouse en Belas Artes pola facultade de San Jordi de Barcelona. Posteriormente doutorouse na facultade de Belas Artes de Barcelona e logo na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Obtivo a bolsa Manuel Colmeiro da Xunta de Galicia en 1987 e a bolsa de Creación Artística Banesto en Madrid en 1990. Berta A. Cáccamo gañou o II premio na XXI Bienal de Pontevedra e de estancia en Cité Internacional des Arts en París entre 1990 e 1991. Entre os anos 1992 e 1993, é bolseira na Academiade Belas Artes de Roma. Está considerada como unha das pintoras do Estado español máis importantes da súa xeración. Esixente e reflexiva, a súa pintura é produto dunha mirada inqueda, emocional e afectiva. Cáccamo, que comezou a expoñer na década dos 80 e estivo vinculada á corrente do grupo Atlántica, nos últimos anos combinou o seu labor artístico coa docencia, na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Filla do escritor Xosé María Álvarez Blázquez e irmá do poeta Xosé María e do novelista Afonso Álvarez Cáccamo. A artista conta con exposicións no Museo de Pontevedra e participou na edición do pasado ano das Medianeiras de Vigo, na que a artista realizou o mural na rúa Segunda República. O CGAC dedicoulle en 2016 Expansión ensaio, unha mostra retrospectiva, na que a súa obra convértese nun proxecto vital, e de ensaio. A súa inesperada e temperá morte deixa un baleiro na arte galega e no mundo da cultura. Na biblioteca da Muller de Muxía pódesen atopar libros sobre arte e feminismo nos que se fala sobre a protagonista deste mes.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios