Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A activista Ana Baneira deixou o seu pouso medioambiental nas criaturas de Muxía

Ana Baneira en Muxia
Ana Baneira en Muxía
A activista Ana Baneira deixou o seu pouso medioambiental nas criaturas de Muxía

22 nen@s do campamento de verán de Muxía disfrutaron e aprenderon este luns o que significa loitar polas túas ideas da man de Ana Baneira. A activista galega, que percorre o país a pé, recollendo o lixo que ve ao seu paso, compartiu a súa especial singradura coas criaturas muxiás.

Recibida polo alcalde Iago Toba e pola concelleira de cultura, Olalla Benlloch, o Salón de Actos convertiuse nun perfecto escenario para charlar sobre a súa viaxe, na que ademais de recoller lixo, pode investigar as incidencias medioambientais en lugares sinalados con bandeira negra.

“Estou moi contenta de poder compartir experiencias cos máis pequenos que ao final son os que van a sustentar a sociedade do futuro e os que terán esa responsabilidade de coidar o planeta que temos”, engadiu a activista de só 23 anos.

Ana Baneira en Muxia cos nenos

Os presentes tamén puideron gozar dunha proxección dun anaco da conferencia de Nacho Dean que foi o primero home en dar unha volta ao mundo andando e logrou xuntar os cinco continentes a nado.

Comentarios