Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Adxudicadas as obras de saneamento de Trasufre

O Concello de Muxía adxudica a obra de saneamento e depuración de augas do núcleo rural de Trasufre por valor de 132.501 euros 2
Imaxe da recente visita do presidente da Deputación a Muxía
Adxudicadas as obras de saneamento de Trasufre

Valoramos sempre as propostas de saneamento, como esta que vai realizar o Concello de Muxía en Muxía. Veñen de adxudicar a obra de saneamento e depuración de augas do núcleo rural de Trasufre por valor de 132.501 euros, que dotará de servizo a 50 habitantes da zona.

Financiados polo Plan Único (POS+2019), permitirán construír unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), que estará ubicada nunha parcela de uso agrícola cercana ao lugar de Trasufre e poñerá en servizo a rede existente no lugar. A planta, con tecnoloxía biolóxica e leitos bacterianos, contará con pretratamento de augas residuais, tanque Imhoff-dixestor anaerobio, cámara de descarga, biofiltro aerobio e sistema de decantación secundaria.
Os traballos incluirán tamén a execución de 417 metros de conducción de saneamento de PVC de 250 mm e 11 pozos de rexistro.

Novas relacionadas

Comentarios