Martes. 23.04.2024
El tiempo

O alumnado do CEIP Vilarmide conciencia ás súas familias polo Día Mundial do Medio Ambiente

O alumnado do CEIP Vilarmide conciencia ás súas familias polo Día Mundial do Medio Ambiente

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria do CEIP de Vilarmide-Eduardo Noya participaron nun concurso para concienciar a toda a sociedade, empezando pola familia e os veciños, dos problemas medioambientais e das súas posibles solucións que pasan pola colaboración individual para reducir a utilización de plásticos, para reciclar os envases e para intentar facer do noso planeta un lugar máis azul.

Para o alumnado deste centro, non é unha actividade novidosa, xa que levan todo este curso e o anterior traballando no proxecto “STOP plásticos”, pero no só iso, senón que a ecoloxía e o respecto polo medio ambiente, pola fauna e pola flora, supoñen parte importante do seu proxecto educativo.

A participación foi entusiasta xa que aportaron a súa obra todos os alumnos e alumnas matriculados. Como premio, todos recibiron unha bolsa de tea para colorear e intentar desa maneira aforrar, polo menos, unha bolsa de plástico e aportar o noso gran de area nesta loita común para recuperar o noso planeta. E aquí é onde acadamos a nosa primeira vitoria, xa que cando a empresa fabricante se enterou de que as bolsas eran o premio para o concurso, decidiron non entregalas mais envoltas en plástico.

Non houbo premios individuais, xa que o Claustro de profesores, considerou que esta tarefa non se pode personalizar e que todos, na medida das nosas posibilidades debemos e podemos contribuír.

Debuxos do Dia do Medio Ambiente no CEIP Vilarmide

Comentarios