Martes. 16.04.2024
El tiempo

Amancio Prada recibe o libro "Seis poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca" na súa visita a Muxía

Amancio Prada recibe o libro "Seis poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca" na súa visita a Muxía
amancio prada muxia Modesto Fraga e Viky Rivadulla fixeronlle a entrega do libro a Amancio Prada Coincidindo coa visita que realizou o pasado domingo Amancio Prada á Costa da Morte para ofrecer un concerto benéfico no Santuario da Virxe da Barca de Muxía, fíxoselle entrega dun exemplar do libro "6 poetas 6. Homenaxe a Federico García Lorca" (Biblos, 2016), no que participan 36 poetas galegos contemporáneos, dos cales oito son da Costa da Morte. O acto de entrega tivo lugar no albergue Bela Muxía. Este libro, editado co gallo do centenario da primeira visita de García Lorca a Galicia (1916) e os oitenta anos da publicación dos Seis poemas galegos (1936) que o poeta andaluz publicou como homenaxe á lingua galega, recolle un poema titulado "Romaxe de Nosa Señora da Barca", musicado por Amancio Prada e que interpretou en Muxía por primeira vez na súa longa traxectoria artística. amancio prada modesto fraga A entrega do libro tivo lugar no albergue Bela Muxía despois do concerto No acto de entrega do libro participaron o escritor Modesto Fraga, na súa calidade de coordinador do poema "Romaxe de Nosa Señora da Barca", e a ilustradora muxiá Viki Rivadulla, que lle fixo entrega a Amancio Prada dunha réplica do debuxo que figura tamén no volume. Fonte

Comentarios