Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aparatosa saída de vía en Arliña

Aparatosa saída de vía en Arliña
Accidente en Arlina-Foto-Prot Civil Muxia Así quedou o vehículo en Arliña-Foto-Prot Civil Muxia

Corrían ás 10:15 da mañá deste pasado domingo 19 de agosto cando un vehículo perdía o control e sufría unha saída de vía na estrada DP-5201, a estrada que vai polo campo de fútbol de Arliña, en Muxía.

A aparatosa saída provocou varias voltas de campá despois de levar por diante un poste de tendido eléctrico.

O condutor e único ocupante saíu practicamente ileso do accidente, e foi atendido pola Policía Local e Protección Civil de Muxía.

Comentarios