Martes. 02.03.2021
El tiempo

O BNG muxián pide negociar para dar uso aos 3 millóns de remanente

estado da depuradora de Quintáns copia
Estado da depuradora de Quintáns
O BNG muxián pide negociar para dar uso aos 3 millóns de remanente

Despois da aprobación do POS sen apenas consenso, o grupo do BNG de Muxía quere ofrecer ao goberno local “a súa disponibilidade para negociar” para determinar as obras a acometer cos 3 millóns de remanente que estiveron paralizados pola Lei Montoro pero que este ano si se poden utilizar.

”Para obter o noso voto, este investimento ten que ir na dirección de asegurar os servizos esenciais e de avanzar na protección do noso patrimonio natural”, explica Carlos Concheiro. E propón varias ideas como é a execución do subministro de auga a Suxo, Castelo e Agranzón, tantas veces prometido; ou a substitución da depuradora de Quintáns, que non está a funcionar correctamente desde hai anos, permitindo o vertido de augas sen depurar á praia do Lago.

Outra obra que considera prioritaria o BNG é “a depuración no núcleo de Frixe onde moitos sumideiros están a desaguar directamente ao río Castro e, polo tanto, á praia de Nemiña e o arranxo das vías interiores”.

Lembra Concheiro que “por iniciativa do Bng, o concello conta cun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostíbel (impulsado pola UE) no que se establece o compromiso para a redución de especies pirófitas e se considera que temos un risco moi alto de incendios forestais graves. Exixiremos que se cumpra a moción presentada polo Bng e aprobada por unanimidade para subvencionar a plantación de frondosas nas franxas secundarias de protección contra o lume.”

Novas relacionadas

comentarios