Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cervexa con sabor a percebe da Costa da Morte?

Cervexa con sabor a percebe da Costa da Morte?
Cervexas de Estrella Galicia con percebes da Costa da MOrte 500 packs de 6 cervexas feita con percebes da Costa da Morte vendidos pola rede en apenas 2 horas. Cousas que só pode conseguir Estrella Galicia. A marca galega por excelencia vén de sacar una edición especial da súa cervexa, no marco do proxecto “Fábrica de Cervexas” que ten como lema ”Receitas nadas en Galicia para sorprender desde terra, mar e aire”. Xa nos sorprenderan en clave de terra coas edicións de pementos de padrón e de Samaín (con cabaza), e esta mañá presentaban en Corme, da man de Xosé A. Touriñán, a valente aposta polo incluír o mar na cervexa a través do percebe da Costa da Morte. Valente aposta como valentes son os percebeiros da nosa bisbarra, que teñen #oquehaiqueter como explicou Manolo Suárez o patrón maior da Confraría de Percebeiros de Corme, que colaborou xunto coa empresa Portomuíños, que aportou as algas que permiten redondear o sabor do produto final. Presentacion en Corme da Estrella GAlicia Presentacion en Corme da Estrella Galicia Os percebes superaron uns 18 prototipos de especialidades que descartou a empresa antes de chegar ao produto desexado. Aló foron os 5.000 litros deste exclusivo produto. Os que estiverades atentos e vos conseguistes facer cun pacl, xa contaredes que tal.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/eu-cocino-con-auga-de-mar-da-costa-da-morte/

Comentarios