Venres. 19.04.2024
El tiempo

Chega a Zas e a Muxía un verán cheo de actividades

Chega a Zas e a Muxía un verán cheo de actividades
Cursos de natación, obradoiros, campamentos, excursións, unha semana cultura e a festa infantil son algúns dos ingredintes da programación de verán que vén de publicar o concello de Zas. Como vén sendo habitual, durante os meses de xullo e agosto ofertaranse os cursos de natación nas piscinas municipais de Baio e de Zas e nas que haberá distintos grupos en función das idades. Este verán, os máis novos poderán adquirir coñecementos do mundo audiovisual cun obradoiro tecnolóxico no que se abordarán distintos temas como a programación, a técnico do Stop Motion e mesmo a creación de videoxogos con Scratch. Éste é un obradoiro dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos. Os talleres desenvolveranse no centro sociocultural de Zas (os días 3, 4, 5 e 6 de xullo) e no de Baio (9,12 ,13 e 17 de xullo). Tamén como de costume, o concello de Zas oferta distintos campamentos urbanos, deportivos e de contacto coa natureza. Os campamentos urbanos e deportivos están dirixidos a nenos e neas de 4 a 12 anos e realizaranse tamén no centro sociocultural de Zas (9,10,11,12 e 13 de xullo e 27, 28 e 29 de agosto) e de Baio (2, 3, 4, 5 e 6 de xullo e 7,8 e 9 de agosto); ambos en horario de 10:00 a 14:00 horas, E para os que queira descubrir novas experiencias, poden facelo a través do campamento de tres días en Naturmaz nos que se inclúe aloxamento en albergue, comidas e distintas actividades como tirolesa, escalada, paintball, circuíto multiaventura, rappel, tiro con arco, piragüismo, sendeirismo con orientación, actividade con cabalos, manta raia, busca do tesouro, xogos, veladas e moito máis. E un ano máis, o A.D. Zas organiza para os días 20, 21, 22, 23 e 24 de agosto un campamento multideportivo que se desenvolverá no pavillón municipal de Zas. Hai un total de 30 prazas dispoñibles e o custe é de 100€ (xantar incluído) 60€ (sen xantar). Outra das actividades da programación de verán son as Noites de Cine que se relizarán nas parroquias de Carreira (21 de xullo ás 22:30 horas, “Kong: La isla calavera”); Fornelos (11 de agosto ás 22:00 horas, “La la land: La ciudad de las estrellas”); e nas Torres do Allo (24 de agosto ás 22 horas, “Os mortos van á présa”). Durante o verán tamén haberá tempo para descubrir todos os agochos do pazo das Torres do Allo, unha cita que se suma á programación propia do pazo. Ésta é unha actividade que leva por título “Un día nas Torres”, que está dirirxida a nenos e nenas de 4 12 anos que se realizará entre as 10:00 e as 14:00 horas do 23 de xullo e na que poderán coñecer como era a vida nos pazos galegos a través de obradoiros, xogos, búsqueda do tesouro... Uns días máis tarde, o 27 de xullo, está programada unha excursión ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro, en Pontevedra, e que está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 16 anos. Están dispoñibles 50 prazas e o custe é de 6€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as. Tamén en xullo, o día 29, será a tradicional concentración de motos clásicas que xa vai pola súa cuarta edición. As motos concentraranse ás 10:00 horas en Baio dende onde partirán para visitar distintas localidades da Costa da Morte. Os venres de agosto estarán adicados ás andainas a través da actividade “Os venres a pé” e que están dirixidos a maiores de 7 anos e adultos. Ao redor dunha da Festa da Carballeira de Zas, organizase unha ano máis unha completa semana cultural que arranca o 29 de xullo e da que ampliaremos información proximamente. Pero unha das citas máis agardadas dos nosos pequenos e pequenas é a festa infantil que se celebra no campo de fútbol e na piscina de Zas. Este ano a cita é o vindeiro 7 xullo. Muxía En Muxía tamén se abre este luns, día 25, o prazo de inscrición para participar nas distintas actividades deportivas programadas polo concello. Entre a oferta inclúense cursos de natación, de deportes de aventura, surf, vela e kayak. Tamén haberá distintos campamentos e campus deportivos de fútbol sala e xadrez.  Entre outras actividades inclúese unha excursión ao Aquapark de Cerceda, a III travesía a nado entre Camariñas e Muxía e a 5ª edición da carreira popular. Novas relacionadas Fonte

Comentarios