Luns. 16.09.2019
El tiempo

Chus Pato protagoniza a Galería Mulleres de Muxía

Chus Pato protagoniza a Galería Mulleres de Muxía
Nada en Ourense no ano 1955, Chus Pato é unha das figuras fundamentais da poesía galega actual. Publicou os seus primeiros poemas na revista Escrita (1984) e a súa obra poética figura en diversas revistas de ámbito nacional, estatal e internacional e en numerosos libros colectivos. Estes foron algúns dos motivos polos que esta escritora á a protagonista da Galería Mulleres da Biblioteca da Muller de Muxía durante o mes de outubro. A súa obra caracterízase pola radicalidade, o exercicio dunha experimentación demoledora dos discursos e lugares comúns herdados. A autora crea unha escritura desbordante na que non están ausentes os contidos xenéricos e relativos á nación. O compromiso de Chus Pato coa realidade contemporánea levouna a involucrase de forma directa na vida política e cultural galega, foi unha das fundadoras de ERGA - estudantes revolucionarios galegos - mítica organización antifranquista, militou na UPG - Unión do Pobo Galego - e xa en tempos máis recentes é cabeza de lista habitual da FPG - Fronte Popular Galega - pola provincia de Ourense, pertence tamén a RREE - Redes Escarlatas - e a outras organizacións de índole literario como o PEN Club ou a AELG. Profesionalmente é profesora de Ensino Secundario, da mateira Xeografía e Historia, no IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, en Pontevedra. No 2009 recibiu o Premio da Crítica da poesía galega 2008 pola súa obra Hordas de escritura. E durante este ano ingresou como membro de número da Real Academia Galega, facendo no seu discurso de ingreso unha reivindicación da presenza feminina na RAG. Na biblioteca muxiana están a disposición de todos aqueles que o desenxen algúns dos seus traballos.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios