Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Comarea e Mar de Fábula únense nunha acción ambiental & cultural

Encontro ambental en Cuno
Comarea e Mar de Fábula únense nunha acción ambiental & cultural

De que dúas entidades tan activas como a asociación xuvenil Comarea e Mar de Fábula se unan só poden saír cousas positivas. Así o comprobaremos este vindeiro domingo día 23 de agosto, cando ás 12:00 horas, as dúas familias celebren, no fermoso e afastado coído de Cuño, "un acto de solidariedade e desagravio ao mar".

Despois de facer unha limpeza de lixo mariño da boleira, farán un recital poético por parte das persoas que queiran participar. “Cada persoa, cando apaña o lixo mariño na ribeira, dalgunha maneira, establece un diálogo co mar. Invitamos a que ese diálogo xurda á superficie”, comenta Xosé Manuel Barros.

Requírese levar máscara de protección do coronavirus, e recomendan levar luvas de traballo e calzado axeitado que non esvare.
A efectos de seguros e seguimento da cadea de contactos, é preciso inscribirse co nome, apelidos e DNI
na dirección de correo: [email protected] ou no tlfno: 608609042.

A acción conta coa colaboración do Concello muxián.

Outras novas relacionadas

Comentarios