Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Comezaron as obras de recuperación dos areais muxiáns afectados polos temporais

Comezaron as obras de recuperación dos areais muxiáns afectados polos temporais
Obras na praia da Cruz de Muxia

Comezaron estes días as obras na Praia da Cruz de Muxía. Unhas obras que intentarán impedir que os temporais volvan espallar toda a area pola estrada de entrada na vila da Barca. Uns temporais que durante este inverno levaron o muro de contención e mesmo a pasarela de madeira instalada para separalo areal da estrada.

Esta primeira fase das obras consisten basicamente nun movemento de areas e na construción dun muro de contención de pedras, dándolle un metro de ancho dende a beirarrúa e facendo un par de accesos á zona.

Unha vez rematen estas obras, tocaralle o turno a Tragsa, que ademais de finalizar o acondicionamento da praia da Cruz tamén afrontará outras obras nas zonas afectadas polos temporais, como son as praias de Leis, Lago e Os Muíños. De feito, na praia de lago toca unha boa obra de canalización do río Grande, mntres nas praias dos Muíños tamén tocará facer unha remodelación da estrada que as une.

A idea é para telo todo listo para o comezo do verán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios