Xoves. 12.12.2019
El tiempo

Diálogo interxeracional entre os Muros do Nordés da Lonxa de Muxía

Diálogo interxeracional entre os Muros do Nordés da Lonxa de Muxía
Muros do Nordes de Muxia 2017 O proxecto do Muros do Nordés permitiu un enriquecedor diálogo interxeracional relacionado coa muller e o mar Fantástica a aventura gráfica que está rematando estes días a Asociación Xuvenil Comarea convertindo nun lenzo a Lonxa de Muxía. A II edición do Muros do Nordés está chegando ao seu fin, xa que todos os artistas remataron o traballo a excepción de Yoseba MP, que ten o mural de maiores dimensións. Está durando máis do previsto este pequeno festival, herdeiro de apostas como o Rexenera Fest carballés, que leva a arte urbana a un lugar como Muxía, intentando crear diálogo interxeracional a través do grafiti e do mar entre os máis veteranos e a xuventude. I é que este ano o tema que trataron os murais é a relación da muller e o mundo mariñeiro. Un asunto que permitiu que moitos maiores se interesasen máis polas obras dos novos artistas, intervindo mesmo na creación. Aí estiveron as Teresa Búa, Lois Búa, Gerardo Haz, Clara Toba ou a propia Viki Rivadulla compartindo historias salgadas. E iso que nun primeiro momento os veciños da zona amosaron algo de inquietude, e tardaron en concebir que non era tan estrano pintar a lonxa. Pouco a pouco, ao longo da semana, a xente foise ilusionando e pasaba a visitar os murais e facer seguemento, coma se fose unha obra no peirao. “Moito mellor un pincel ou un spray” que unha pa excavadora seguro que pensaron moitos. Muros do Nordes de Muxia 2017 2 Como nos conta a propia Lucía Alcaina Romaní, unha das promotoras, “o resultado final é realmente bo, despréndese a arte e calidade polas esquinas desta lonxa muxiá. Quizais o máis fermoso sexa comprobar as múltiples visións que un mesmo tema pode suxerir, como dende o intento de falar da muller e o mar nos podemos atopar cunha reinterpretación dunha fotografía en branco en negro de Ramón Camaaño, una conga feminista festiva, unha muller muxiá con superpoderes, un universo mítico de sereas, outra muller empoderada saíndo á navegar ou mesmo decenas de mexillóns, por dentro e por fóra, con todas as alusións que conteñen á feminidade. Un compendio variopinto que creo que é enriquecedor para o pobo, que o viste máis bonito e consigue que se creen espazos de debate e diálogo. E sobre todo que defende o equipo de artistas que temos nesta zona, que deixa a un orgulloso da calidade á que se che pode chegar con ilusión, ganas e a dispoñibilidade de xente con talento coa que da gusto traballar”. Parece pois que o pobo de Muxía quedou moi contento co resultado, así como os propios promotores. “Sentimos alegría e orgullo polo traballo feito. É moi satisfactorio ver como unha iniciativa cultural colle forma e finalmente se realiza, ver como dende a xuventude somos partícipes do urbanismo do noso pobo e como podemos reivindicar aquelo no que cremos”, explica, ao tempo que agradece a colaboración do Concello de Muxía, a Cofradía de Pescadores de Muxía, a imprescindible Asociación Xuvenil Comarea e a todos e todas as artistas que formaron parte deste proxecto que aspira a non desaparecer e seguir conquistando muros muxiáns. Equipaso do Muros do Nordes en Muxia 2017 Equipaso do Muros do Nordes en Muxía 2017 Muros do Nordes de Muxia 2017 1 Muros do Nordes de Muxia 2017 3

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios