Martes. 23.04.2024
El tiempo

Dous menores feridos tras ser atropelados en Muxía

Dous menores feridos tras ser atropelados en Muxía
Grave accidente en Sorna-Foto-Prot. Civil Muxía Momentos de tensión esta tarde en Muxía. Pouco antes das 16:00h producíase un atropelo de dous menores na DP-2303 P. K 6,200 (Sorna). As dúas vítimas menores, de 11 e 14 anos, foron trasladadas polos servizos de urxencia, unha ao Hospital Virxe da Xunqueira en ambulancia e o outro foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) no helicóptero medicalizado do Sergas, ambos menores con pronóstico reservado. Segundo informaron fontes cercanas, os menores baixaban en patinete pola estrada e as curvas da estreita estrada impediron que a condutora os vira á saída dunha curca. Interviron efectivos de Protección Civil, Policía Local, dúas ambulancias do 061, un Helicóptero medicalizado e a Garda Civil. Fonte Redacción de QPC.

Comentarios