Venres. 29.03.2024
El tiempo

Empresarios do Turismo Rural de Muxía levarán a ornitoloxía á feira Fairway

Empresarios do Turismo Rural de Muxía levarán a ornitoloxía á feira Fairway
Muxia turismo ornitoloxico A Asociación Muxía Turismo Rural participará na próxima edición do Fórum do Camiño de Santiago Fairway 2017. Os establecementos adheridos ao colectivo presentarán a súa oferta do Camiño de Fisterra-Muxía aos 30 turoperadores duns 15 países participantes no encontro do Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Os aloxamentos muxiáns ofertarán, de forma conxunta, a súa oferta a incentivos, turismo relixioso, cultural, de aventura, gastronómico e, por suposto, turismo rural.

Turismo ornitolóxico

Este novembro, e ata o día 31 de maio de 2018, púxose en marcha o proxecto "Muxía Rural, Destino Ornitolóxico", promovido por esta entidade, en colaboración co Concello de Muxía e enmarcado no "2017 Ano Internacional do Turismo Sostenible para o Desenvolvemento", declarado pola Unesco. A iniciativa conlleva dúas propostas. Unha experiencia ornitolóxica nos establecementos participantes, así como o concurso de fotografía "Muxía desde o alto", que tamén estará moi presente na feira.

Fonte

  • Redacción de QPC

Comentarios