Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Falece unha señora na Praia dos Muíños

IMG_20210612_142931
Falece unha señora na Praia dos Muíños

Este mediodía de sábado, arredor das 13.00h, falecía unha muller, maior, na Praia dos Muíños, en Muxía. A señora sufría unha indisposición mentres se baña a e era atopada na auga por varios particulares, que inmediatamente a sacaba a área, e mentres chamaban ao 112  practicábanlle os exercicios de reanimación cardiopulmonar.

Pronto chegaba a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, de contado facía o Helicóptero medicalizado, e máis tarde a Ambulancia, pero os [email protected] só podían ratificar a súa morte.

Accidente dun minibús

Pouco antes, sobre as 12.00, un minibús con 11 turistas, dunha excursión dende Compostela, sufría unha saída de vía na AC440 a altura de Vilar de Sobremonte, parroquia de San Martiño de Ozón. Tamén acodía Prot. Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico e a Ambulancia, que tiña que atender a 3 persoas feridas.

comentarios